Vigo
As obras da Porta do Sol comezarán esta semana con desvíos de tráfico
    
        A peonalización da Porta do Sol arrancará esta semana con tarefas simultáneas que van desde o desvío do transporte público, ata a ubicación dunha nova parada na rúa Reconquista pasando pola retirada do mobiliario urbano e a colocación de vallas. O orzamento das obras elévase a 17 millóns de euros, cofinanciados con fondos Feder da UE dentro do proxecto Edusi-Vigo Vertical.
O alcalde anunciaba que se iniciarán con varias actuacións simultáneas. Dous equipos serán os encargados de, en primeiro lugar, modificar algunhas rúas para adaptarse á circulación dos autobuses e de situar unha nova parada de taxis na rúa Reconquista. Outros dous equipos serán os responsables de comezar coa retirada de mobiliario urbano, colocar primeiras valas e carteis de obra, ademais de actuar na propia rúa para realizar catas de reubicación de servizos (conducións), que terán que estar na superficie durante a duración dos traballos. Paralelamente, explicou, comezará o reforzamento do Paseo de Alfonso, na zona do miradoiro, unha vez valada hai uns meses ao detectar que estaba debilitada. Concretamente, colocaranse uns arcos na parte de abaixo (na subida do Barrio do Cura cara a oliveira).
O proxecto prevé construír un túnel de dous carrís de 3,5 m de ancho cada un, cunha boca de entrada única en Policarpo Sanz e dúas bocas de saída independentes para cada carril, en Elduayen. Crearanse 8.000 m2 de espazo público peonil e habilitarase un modo mecánico de ascenso desde Carral á Porta do Sol. Cun orzamento de 17 millóns, cofinanciados con Fondos Feder da UE dentro do proxecto Edusi-Vigo Vertical, o prazo de execución ronda os dous anos. Caballero amosuo a súa satisfacción "porque estamos iniciando unha das grandes transformacións históricas da cidade". Outras cidades contan cunha gran praza desde finais do século XIX ou principios do XX, e Vigo terá ese gran lugar de encontro cidadán no século XXI, concluíu.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116