Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O IES Pazo da Mercé acollerá este xoves a mostra integradora “Sorrisos Transformadore”

Amais da visita guiada haberá unha charla-coloquio impartida por Cristina Palacios, presidenta de ARELAS

[Img #59630]A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) levan este xoves ás Neves a exposición “Sorrisos Transformadores”, o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A exhibición, que pode visitarse no IES Pazo da Mercé, inaugurarase cunha visita guiada e unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. Palacios afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir. A cita terá lugar ás 12:00 horas. Pola súa banda, a exposición poderá visitarse ata o día 21 e unha vez finalizada trasladarase ao concello de Redondela.

 

“Sorrisos Transformadores” é unha mostra itinerante que vén de percorrer varios concellos de Pontevedra e tamén algún outro emprazamento fóra da provincia, coma Betanzos ou a Universidade de Santiago. A exposición consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

 

A finalidade de “Sorrisos Transformadores” é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.