VIGO
A Xunta solicita a Caballero que urxa ao Goberno de España a axilizar os trámites na Intermodal de Urzaiz
O Goberno galego incrementará a súa achega ao financiamento dos accesos en 1,7 millóns de euros en virtude da addenda que se atopa pendente do Executivo central
A Xunta de Galicia solicítalle ao alcalde de Vigo que urxa ao Goberno de España a axilizar os trámites administrativos para evitar retrasos nas obras do complexo intermodal de Urzaiz.
Cando o Executivo central tramite a addenda ao convenio de financiamento dos accesos, a Xunta formalizará a súa achega económica a esas obras en 1,7 millóns de euros, que se suman ao investimento que está a executar na estación de autobuses.
Esa addenda é resultado da adaptación dos compromisos de cada administración ao custo final das obras, concretado coa elaboración dos proxectos construtivos das actuacións. Ademais, está destinada a facilitar a execución de novas obras inicialmente non previstas, como a praza da estación, o núcleo de comunicacións intermodal ou a urbanización dos espazos entre as terminais.
A Administración autonómica convida ao rexedor a demandar o impulso por parte do Executivo central da saída sur de Vigo aproveitando a oportunidade de financiamento que abre a incorporación ao Corredor Atlántico
A aprobación desa addenda é necesaria para que se poidan adxudicar e iniciar as obras dos túneles que conforman os accesos á estación intermodal, e condicionan os prazos do conxunto da infraestrutura.
A Administración autonómica, ademais, convida ao rexedor a aproveitar a xuntanza coa presidenta de Adif para demandar o impulso por parte do Executivo central da saída sur de Vigo, tendo en conta a oportunidade de financiamento que abre a incorporación ao Corredor Atlántico.
Tamén debe solicitar que se acurten en todo o posible os prazos do estudo hidroxeolóxico sobre o Ave por Cerdedo, cuxa duración contractual é de 36 meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116