GALICIA
CGT solicita a Fomento a reapertura da venda presencial nas estacións pechadas
Dende o pasado 1 de Xaneiro os servizos de venda de billetes e atención o viaxeiro presenciais das estacións de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Burela e Viveiro atópanse pechados por decisión das empresas RENFE e ADIF.
Tras este peche os partidos políticos TERUEL EXISTE e PSOE achegaron a un acordo de investidura que recolle no seu texto : ¨El nuevo Gobierno aplazará durante seis meses, al menos, el cierre anunciado de la venta de billetes e información presencial en 142 estaciones de ferrocarril en la España Vaciada, a fin de estudiar el papel que le corresponde al transporte ferroviario en las zonas rurales, como alternativa coherente con la lucha contra el cambio climático y la despoblación".
Dende CGT explican que remitiron unha carta ao Ministerio de Fomento e os grupos políticos do Parlamento español, solicitando "a reapertura das estacións pechadas e propoñendo un acordo entre RENFE e ADIF pra evitar os recortes de servizo ferroviario, un acordo de colaboración entre dúas empresas do grupo Fomento no que RENFE que é a que ten que dar o servizo de venda, acorde que sexa o persoal de ADIF a que faga presencialmente o servizo de venda, naquelas estacións onde se poda compatibilizar a xestión do gráfico ferroviario ca venda de billetes, como é o caso das estacións galegas afectadas polo peche de servizos, que teñen persoal asignado e que en algúns casos está sendo desprazado a outras estacións, como persoal sobrante, pra cubrir necesidades de falla de cadro de persoal existente na súa provincia".
CGT insiste na necesidade de que "se manteñan os gabinetes de control do trafico ferroviario das estacións galegas de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Burela e Viveiro, nas que é perfectamente compatible as labores de xestión do trafico ferroviario cas de venda presencial de billetes, pra o que é fundamental un acordo de colaboración das empresas ferroviarias públicas do grupo Fomento, que evitaría os recortes de servizos e o peche de estacións no ámbito rural ou en bisbarras onde as estacións de trens constitúen un referente pra a información de horarios e venda de billetes de trens".
Como "exemplos claros" poñen a "Redondela, Sarria ou Guillarei, estacións cun volumen importante de operacións de venda ou cambio de billetes, con importes de recadacións significativos (Redondela unha media de 6.200 €/mes en 2019, aberta só na quenda de mañá ata o pasado 1 de Xaneiro de 2019)".
Pero ademais consideran que "as empresas públicas teñen que ter en conta o número de viaxeiros que utilizan as estacións, tanto a chegada como a saída, xa que os usuarios que suben ou baixan teñen dereito a unha asistencia e información presencial, porque o seu billete vale o mesmo que en outra estación que ten presencia de persoal. Achegamos os datos de 2016, 2017 e 2018 compilados por CGT, solicitando os datos de 2019 as empresas ferroviarias".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156