GALICIA
Política Social achega máis de 100.000 euros ás universidades galegas para formar ós maiores
A conselleira Fabiola García, acompañada dos reitores de Santiago, Vigo e A Coruña, informou esta semana das iniciativas postas en marcha
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a achega que realiza a Xunta de Galicia de máis de 100.000 euros ás universidades galegas para desenvolver programas de formación destinados a persoas maiores. Fíxoo esta semana na rolda de prensa realizada en compañía dos reitores da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e da Universidade da Coruña, Julio Abalde.
Unhas 2000 galegas e galegos de máis de 65 anos participaron nos diferentes programas de educación regrada que ofertaron as tres universidades durante o ano 2019. Un total de 980 alumnos nos campus da Universidade da Coruña, 600 nos tres da Universidade de Vigo e 400 nas instalacións da de Santiago de Compostela.
A estes programas, que teñen título propio da Universidade que verifica a experiencia formativa, hai que sumarlle os 200 participantes nunha iniciativa que levou ás universidades galegas a achegar charlas, conferencias, visitas guiadas e seminarios a 14 municipios diferentes das catro provincias.
Unhas 2000 galegas e galegos de máis de 65 anos participaron nos diferentes programas que levaron a cabo as tres universidades da comunidade nos seus campus e no rural
Fabiola García recoñeceu o gran labor con vocación social que realizan estas institucións á hora de abrir as portas da Universidade ás persoas de máis idade. Tamén gabou o esforzo destas por levar a formación académica máis aló das cidades en que se asentan os seus campus e achegala a outros concellos da comunidade.
Así mesmo, a conselleira de Política Social asegurou que a Xunta de Galicia manterá esta colaboración coas universidades para continuar ofertando programas que fomentan a formación e a aprendizaxe das persoas maiores, tanto daquelas que durante a súa mocidade non tiveron a oportunidade de estudar como das que desexan ampliar ou retomar a súa formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184