Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Varios colectivos presentan alegacións a modificación do PXOM de Mos

O vindeiro mércores 22 ás 10 da mañá realizarán un acto de presentación conxuta das alegacións

A Comunidade de Montes de Tameiga encabeza alegacións a modificación puntual do PXOM mosense, así o vindeiro día 22 realizarán unha presentación conxunta contando coas comunidades de Traidas de auga afectadas (Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Petelos-Tameiga e Sanguiñeda), a Asociación Veciñal a Portela de Tameiga, as organizacións ecoloxistas (Greenpeace, Verdegaia, ADEGA e Ecoloxistas en Acción Galiza), as centrais sindicais do país (CIG, CGT, CC.OO., CUT e UGT) e as forzas políticas locais (PSOE, GañaMós e BNG). Ademais de presentar as alegacións das comunidades, asociacións e  organizacións asinantes tamén presentará nas alegacións individuais suscritas polas veciñas e veciños de Mos.

 

Nun comunicado emitido dende a Plataforma "Auga e Vida" explican que "non estamos sós como sociedade civíl, ademais da Deputación Provincial de Pontevedra diversos organismo presentaron informes non favorables ou poñendo reparos á actiuación"


 

Sobre o Informe  da Deputación Provincial de Pontevedra, dende a Plataforma "Auga e Vida" explican que "entre outras cuestións afirma que 'non resolve o grave problema que se crea na continuidade do servizo público viario desta Deputación, motivado polo incremento substancial do tráfico que xerarán os novos usos previstos, sacrificando a adecuada continuidade do servizo público viario por mor de satisfacer uns novos usos de carácter privado'. O informe do organismo provincial especifica que a modificación non dá cumprimento á lexislación, 'no tocante á clasificación urbanística do chan á marxe do viario proposto como variante ou alternativa a un tramo da  EP-2605 de titularidade desta Deputación (denominado SX- INF 09)' ".

 

No comunicado remitido aos medios dende a Plataforma "Auga e Vida" sinalan que o mmencionado informe provincial indica que tampouco se cumpre a normativa no relativo á obrigación de destinar o Sistema  Xeral Viario e engadir ao sector os terreos comprendidos entre a liña exterior do dominio público e a liña límite de edificación do viario  SX- INF-09 que se propón como alternativa á EP-2605". Así mesmo, o informe desfavorable tamén destaca que "se carece das necesarias concrecións de titularidade dos viais alternativos, nin a forma de obtención dos terreos, que actualmente ocupa o dominio publico viario da Deputación que se prevé ocupar". Neste sentido indica que "non se fai mención expresa e concrétase a titularidade que se prevé para o vial  SX- INF-09 que se propón como alternativa dun tramo da EP-2605". Así mesmo "non se fai mención expresa e concreta a titularidade que se prevé para o vial VL 4 que discorre desde a EP-2605 ata enlazar co vial SX- INF-09 que se propón como alternativa á EP-2605".

 

Tamén, "Auga e Vida" di sobre o informe que na modificación "non se especifica a forma de obtención dos terreos que ocupa na actualidade a  EP-2605 nos que a Modificación Puntual prevé o seu paso a terreo de titularidade privada para un uso Dotacional Privado e Terciario no relativo á súa obtención por expropiación, mediante convenio ou calquera outra forma. Para a Deputación, a Modificación Puntual considérase respecto a as estradas provinciais 'un documento falto de concreción e con erros' ".

 

Sobre o informe  da Demarcación  de Carreteras del  Estado en Galicia explican dende "Auga e Vida"  "se  informa desfavorablemente  a Modificación Puntual por  non terse proposto as medidas  de acondicionamento necesarias para  manter inalterado o nivel de servizo  e de seguridade viaria en atención ás  afeccións que se orixinan á A-55, se considera insuficiente  o Estudo de tráfico realizado, deber proporse solucións para  os accesos directos existentes nos ramais na actualidade que resultarían  eliminados, non establecer medidas para conseguir a efectividade das servidumes  aeronáuticas, nonbter sido avaliada correctamente a afección a dereitos que se  ocasionan coa remodelación do enlace á A-55, deber realizarse reserva de solo para  garantir o nivel de servizo e seguridade viaria, ter que seguirse as previsións da Norma  3.IC “Trazado” e demostrar a mellora das condicións de seguridade viaria, deber garantirse a  compatibilidade do Proxecto de trazado e construcción da Variante de trazado da N-120. Tramo Porriño-Vigo  e deber reflectirse na planimetría as zonas de protección e liñas límite do dominio público viario estatal".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.