Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 20 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Ana Rodicio presentou a súa experiencia como profesora en Canadá

A mestra estivo traballando un mes nun centro educativo de Otawa dentro do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE)

O alcalde de Nigrán, Juan González, asistíu a semana pasada no CEIP Humberto Juanes para coñecer de preto a experiencia de Ana Rodicio como profesora en Canadá no marco do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) que cada ano oferta a Consellería de Educación. Rodicio, que se trasladou entre novembro e decembro un mes a un centro educativo de Otawa, quixo expor as súas vivencias aos seus alumnos de 5º de Primaria, invitando ao rexedor a participar.

 

Durante a presentación, a mestra do CEIP Humberto Juanes introduxo aos alumnos nas costumes e tradicións deste país, así como nos seus grandes símbolos. Ademais, narrou diferentes anécdotas que chocan especialmente coa nosa idiosincrasia: "Son moi silenciosos e respectuosos, polo que as bibliotecas dos colexios acostuman a estar en espazos abertos e non nun aula; acostuman a dar as grazas continuamente e aprenden fundamentalmente mediante xogos nos niveis máis baixos e autoaprendizaxe nos máis altos", indicou.  Sen embargo, non todo alí é positivo, Rodicio destacou que o problema da ratio, con moitos alumnos por aula, tamén se dá en Canadá (non no centro Cambridge Street Community Public School no que ela estivo).

 

"A clave do éxito do sistema educativo canadiense segundo diversos informes que o acreditan creo que é poñer por diante á persoa e non o número, o benestar do alumno é sempre o máis importante", destacou.

 

O PIALE é un programa para profesorado interesado en mellorar a súa competencia en linguas estranxeiras pero na práctica permite coñecer novos métodos de ensinanza, iniciar proxectos con centros de outros países ou achegar a cultura desa nación a Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.