Mos
Os socialistas de Mos denuncian un accidente no acceso do colexio de Atín
“No día de onte unha alumna e unha monitora do colexio de Atín sufriron o descoido do goberno de Mos. Tristemente pasou unha vez máis o que os pais e nais deste colexio veñen advertindo de fai xa anos, o perigo das escaleiras do acceso principal ó colexio. Unha alumna e a monitora do autobús escolar sufriron un accidente neste acceso, por fortuna non foi un accidente de gravidade” explican nun comunicado.
“Non é a primeira vez que isto ocorre e foi unha solicitude moi reclamada pola ANPA e a dirección do centro. Sendo moi doado arranxar este acceso e habilitar o novo acceso plantexado polo concello, este seria a día de hoxe unha realidade se realmente o goberno do partido popular estivese centrado nas necesidades reais dos veciños e veciñas de Mos, aínda que a día de hoxe seguen sufrindo este acceso” aseguran dende o PSdG-PSOE.
Este arranxo é unha das primeiras medidas que o partido socialista leva reclamando dende que a actual lexislatura entrou en vigor, e xa na anterior a portavoz Patricia Pérez repetía constantemente a necesidade de arranxar este problema xa que podería dar un desgusto ó concello.
Dende o Partido Socialista explican que “no pleno do mes de Outubro esta e outras necesidades do centro provocaron o nerviosismo entre a bancada popular cando o concelleiro socialista Alejandro Figueroa insistíalle ó goberno na necesidade de arranxar este problema, entre outros, creando un mal estar entre o goberno de Mos que levou a concelleira de educación, o tenente alcalde e a alcaldesa a verter falsidades sobre a situación do colexio, as cales foron respondidas en uns días pola ANPA de este colexio, dita organización remitiulle o concello unha carta onde lle comunicaba o seu mal estar tras ver o pleno e as declaracións dos concelleiros populares e a alcaldesa, pola cal se tiveron que desculpar pero nunca admitiron equivocarse ante o partido socialista”.
A portavoz socialista no consistorio Victoria Alonso manifesta que “o goberno de Nidia Arévalo ten acostumada a veciñanza de Mos a esta clase de descoidos, xa que nestes últimos meses esqueceuse totalmente da veciñanza de Mos e as súas necesidades. Fala de este feito como outra proba da irresponsabilidade da alcaldesa que parece so lle preocupa o seu beneficio e o do seu partido, agora que xa pasaron as eleccións volve a esquecerse de proxectos tan vitais coma este ata que se aproximen outras citas electorais”.
A dirixente socialista pídelle o goberno do concello que “rematen o acceso na maior brevidade xa que as obras comezaron hai 2 meses despois da tensa reclamación que se lle fixo no pleno, e que non de a esquecemento como xa ten pasado nos últimos días cando dende o goberno se admitía que se esqueceron da obra da casa incendiada en Pereiras, coma tantas outras necesidades que o concello de Mos ten sen cubrir por un goberno encabezado por unha alcaldesa coma Nidia Arévalo que esta moito máis preocupada en sacarse a foto cas asociacións e a veciñanza que en baixar a arena para resolver os seus problemas”.
Victoria Alonso recórdalle que “é a alcaldesa de Mos non so para estar sentada no seu despacho esperando informes para a cidade deportiva do Celta, a cal parece que é o único que lle preocupa. Alonso quere volver repetirlle que este proxecto non é o que Mos precisa en estes momentos e que se centre nas necesidades das veciñas e dos veciños de Mos, se tivera un pouquiño de sentido común retiraría este proxecto de enriba da mesa despois de ver que o único que esta conseguindo e gastar os poucos recursos do concello de Mos en un proxecto que esta evocado o fracaso”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58