O PORRIÑO
O temporal obriga a suspender a Comisión de deslinde entre Mos e O Porriño
A primeira hora desta tarde, os Concellos do Porriño e Mos decidiron de mutuo acordo, cancelar a reunión que ía ter lugar hoxe da nova Comisión Especial de Deslinde. O vento e a abundante choiva recomendaron finalmente suspender a cita. Celebraráse nunha vindeira data que establecerán de común acordo as alcaldesas do Porriño e Mos.
O propósito da Comisión cando pida celebrarse é reunirse na zona onde deben susbsanarse as discrepancias entre ambos concellos sobre a delimitación que afecta a varias vivendas e terreos. O lugar de encontro será no Cristo de Belén. Trataráse de fixar a liña de deslinde desde o Cristo de Belén ata a Autovía.
Cada Concello achega representantes dos grupos municipais de cada corporación; o secretario municipal e ademáis veciños da zona en litixio. No que atinxe a Porriño foron nomeados para integrar a Comisión a alcaldesa Eva García, o tenente de alcalde Pedro Pereira (BNG) e os voceiros do PP, Alejandro Lorenzo; Pedro Ocampo (EU Son) e Manuel Carrera (UDDL).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149