Martes, 24 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Seis entidades de Nigrán terán o IBI bonificado nun 95%

O CRC O Torreiro de Priegue será unha das entidades beneficiarias da rebaixa no IBIO CRC O Torreiro de Priegue será unha das entidades beneficiarias da rebaixa no IBI

As agrupacións que se poden beneficiar e que así o solicitaron son A.V. 'A Camoesa', CCD 'Bolos da Carrasca', A.V. 'A Unión', CCR 'O Torreiro', A.C. 'As Angustias' e AVCD 'O Castro'

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016).

 

Con esta declaración o “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva 'O Castro' verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.

 

"Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.