Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 22 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
AS NEVES

“Acompañados contra a soidade" bota a andar nas Neves

Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local, o pasado, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto socio-'Acompañados', na parroquia de As Neves, coa primeira das xuntanzas .

'Acompañados' é unha actividade innovadora e pioneira, que non ten antecedentes en Galicia, que está a organizar o Concello, en colaboración con Avelaíña, unha asociación sen ánimo de lucro, e co financiamento da Fundación La Caixa.

Rafael Álvarez,  máximo responsable de Avelaíña sinala que o obxectivo deste programa é o de "facilitar as relacións entre veciños, mellorar a súa calidade de vida ao mesmo tempo que se mellora a comunidade na que vive, dentro de cada unha das parroquias de As Neves".

Ademais, supón unha axuda na labor cotiá a veciños e veciñas dun entorno rural, que en moitos casos viven illadas, especialmente no inverno, e "tecer lazos entre elas, de xeito que esas relacións persistan e sirvan para acabar coa sensación de soidade".

Tres actividades en cada parroquia

Durante los próximos 6 meses, catro profesionais -Rosabel Martínez Ku, traballadora social, Lorena Francisco, psicóloga, unha técnica de emprego de Feafes Galicia e unha monitora especializada en actividades funcionais- con axuda de membros de Voluntariado de As Neves, poñerán en marcha tres actividades: Dinamización Comunitaria; Alfabetización Funcional e Procura de Emprego, en locais sociais das 13 parroquias de As Neves e no propio Centro Social Municipal.

Dinamización Comunitaria

Está dirixida a veciños e veciñas maiores de 55 anos e abrangue actividades coma 'transmisión de saberes', obradoiros, estimulación cognitiva ou xogos que servirán para retomar e afianzar relacións ou reactivar o coñecemento. Esta actividade se realizará durante 2 horas por semana en cada parroquia.

Alfabetización Funcional

Pensada para maiores de 25 anos e menores de 65, coa que se pretende axudar a que poidan  entender un recibo, unha carta do banco ou unha notificación do Concello,  o Sergas ou de Tráfico e realizar trámites normais, coma pedir hora no médico ou reservar un billete de tren. Tamén se realizará en cada parroquia 2 horas por semana.

Procura de Emprego

Destinada a grupos de 15 persoas de máis de 25 anos e menores de 65, con participación tanto conxunta coma individual, durante 2 meses cunha periodicidade de 1,5 horas semanais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.