Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda contará cunha nova Escola infantil

Este novo centro de atención á infancia de 0-3 anos contará con tres unidades e 41 prazas e integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul

A Xunta de Galicia investirá 410.000 euros para a construción da nova escola infantil no concello da Guarda que se integrará na rede pública autonómica Galiña Azul. A Consellería de Política Social remitiulle  á Administración local o borrador do convenio de colaboración nos termos acordados por ambas partes.

 

O proxecto para a construción deste novo centro ten un custe de 691.000 euros dos que o Goberno galego aportará 410.000 euros a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a cantidade restante será sufragada polo Concello.

 

Desta maneira, a escola será construída e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de acordo co modelo de cofinanciamento establecido no Acordo Marco asinado pola Consellería de Política Social e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ese tipo de centros do Consorcio. O Concello deberá agora tramitar a aprobación do texto, para poder proceder a continuación á firma do convenio, requirimento necesario para comezar o procedemento de licitación da obra.

 

O novo centro contará con tres unidades e 41 prazas que se sumarán á escola municipal xa en funcionamento neste concello do Baixo Miño e que mellorará a conciliación das familias guardesas. Con esta actuación, a Xunta de Galicia cumpre o seu compromiso de incrementar os servizos postos á disposición das familias para poder compaxinar a súa vida persoal coa laboral.

 

Ademais, con estas novas prazas tamén se aumenta a ratio de atención á infancia deste concello, un incremento que leva a superar o 33% da ratio que recomenda pola Unión Europea.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.