SALVATERRA DE MIÑO
A Deputación de Pontevedra finaliza as obras de reposición do firme na EP-4006
A actuación, adxudicada por preto de 570.000 euros, coordinouse no tempo coa instalación de pasos elevados de peóns e a mellora de zonas de calmado de tráfico nesta estrada, executados no marco do Plan Móvese
A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de reposición de firme na estrada provincial 4006 Ponteareas-As Neves, ao seu paso por estes dous concellos e por Salvaterra. A actuación fora adxudicada por 568.387,09 euros e está enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.
Neste senso, a actuación tiña por obxecto mellorar o firme deste viario, que ten unha lonxitude total de 12,1 quilómetros e amais de comunicar os concellos de Ponteareas, Salvaterra e As Neves, serve de enlace tamén coa A-52, de xeito que ten un tráfico intenso. Así, a intensidade media de circulación nesta estrada no ano 2018 fora de 3.399 vehículos ao día no treito comprendido entre Ponteareas e a A-52, e de 3.568 no que se refire ao tramo entre a autovía e As Neves.
Máis polo miúdo, os traballos realizados consistiron no fresado e reposición do firme en varios treitos da estrada e na execución de microaglomerado en frío noutros. No primeiro caso, actuouse nunha superficie de 49.425 metros cadrados, para a que se utilizaron 5.800 toneladas de formigón bituminoso e 290 toneladas de betume asfáltico, mentres que o microaglomerado en frío se dispuxo en 48.300 metros cadrados da estrada. A actuación completouse coa renovación da sinalización horizontal en toda a EP-4006.
A execución desta obra na EP4006 coordinouse co desenvolvemento doutras actuacións coas que coincidiu no tempo, en concreto a instalación de pasos elevados de peóns nesta estrada e a mellora de zonas de calmado de tráfico, neste caso enmarcada no Plan Móvese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163