Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva participa na sesión constitutiva da comisión de deputacións provinciais da FEMP

O despoboamento, o financiamento das administracións locais e a visibilidade das entidades locais intermedias foron os principais eixos de traballo da sesión constitutiva da Comisión de Deputacións da FEMP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e consellos insulares da FEMP, na que o despoboamento, o financiamento das administracións locais e a visibilidade das entidades locais intermedias foron os principais eixos de traballo da xornada.

 

Silva, que novamente forma parte da Comisión, subliñou que “as propostas nas que hoxe avanzamos en Madrid van en clara sintonía coa políticas que estamos a impulsar dende a Deputación de Pontevedra”. Sobre a loita contra o despoboamento do rural, a presidenta adiantou que a Comisión vai traballar no impulso de medidas para afrontar esta situación e articular a participación das entidades locais na elaboración por parte do Goberno da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico.

 

 

 

 

“As propostas nas que hoxe avanzamos en Madrid van en clara sintonía coas políticas que estamos a impulsar dende a Deputación de Pontevedra”, asegurou Carmela Silva

 

 

 

 

A Comisión de Deputacións da FEMP tamén vai apostar por visibilizar o papel das institucións locais intermedias, ben en canto á definición do seu marco competencial, ben poñendo de manifesto que, ao igual que o resto de administracións locais, dan cumprimento ás esixencias derivadas do novo marco de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira. Relacionado con estas cuestións tamén se afondou na reclamación de participación dos gobernos locais no deseño, programación e execución dos fondos europeos e se instou á unha adecuada financiación dos plans provinciais de cooperación local.

 

Finalmente, na reunión en Madrid formulouse a problemática derivada da taxa de reposición de efectivos nas administracións locais intermedias, que está a xerar unha redución da calidade da prestación dos servizos públicos, e na dixitalización, subliñando a necesidade de traballar conxuntamente para definir, impulsar e coordinar modelos de prestación de servizos electrónicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.