SALUD
Galicia bate novamente o récord de doazón de órganos
O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2019 unha cifra récord de 136 doazóns de órganos e mantivo en 354 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, os datos máis elevados dende que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que a taxa de negativas familiares á doazón situouse nun 13,4%, un mínimo histórico e que pon de manifesto o carácter solidario da cidadanía galega.
Do total de transplantes, 176 foron de ril; dos cales 36 procedían de doante vivo, 115 de fígado, 2 de páncreas, 20 de corazón e 41 de pulmón. Salientar que, dende que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2019, xa se levan feitos en Galicia un total de 8.295 transplantes de órganos.
Os resultados do ano 2019 poñen de manifesto a importancia en Galicia do programa de transplante de ril de doador vivo, cuns resultados moi superiores á media nacional, realizando un total de 36 intervencións no pasado exercicio, un 16% máis que no ano 2018. Dende 2001, realizáronse un total de 346 transplantes neste apartado.
O 20% do total de transplantes de ril en Galicia procede de doador vivo, o que supon un crecemento dun punto porcentual con respecto ao ano anterior. Ademais, as taxas de transplante de corazón, fígado e pulmón atópanse por riba de media nacional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170