Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 27 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño limitará a pirotecnia nas festas de San Benito e do Cristo

Trasladarase ó pleno solicitar un informe a “Lagares y Oca” ante a situación creada co contrato de limpeza viaria

O Concello de O Porriño vai empregar pirotecnia sen ruido nas dúas festas principais da vila (San Benito e O Cristo) para eliminar a contaminación acústica. A Concellería de Festexos está a preparar unha ordenanza que asimesmo recomende ás asociacións de veciños e comisión organizadoras das demais festas que se celebran no termo municipal para que limiten o uso de fogos artificiais e demais artefactos priotécnicos.


Cami Moreira, concelleira responsable de Festexos informou de este asunto na Comisión de Cultura celebrada a semana pasada a raíz da moción que vai presentar no vindeiro pleno o grupo municipal de “EU Son”.


Tamén na mesma Comisión Municipal, Cami Moreira respostou ó PP a propósito da moción que presentará este grupo para amplar o horario de apertura da Biblioteca Municipal a sábados e domingos. A concelleira explicou que caso de acordarse requeriría a contratación de persoal xa que o actual cumpre co horario laboral normativo.
Tamén deberá valorarse pola Corporación a posibilidade de contratar persoal para o Albergue de Peregrinos á vista das condicións de novo convenio que propón a SA de Xestión do Xacobeo ao Concello..


Contrato de limpeza viaria
Por outra banda o goberno municipal de O Porriño proporá no vindeiro pleno que a corporación acorde solicitar un informe á firma “Lagares y Oca” para que asesore ó Concello ante a situación creada co contrato de limpeza viaria.


“Lagares y Oca” e a mesma consultora que fixera o prego de licitación. A consulta propuxose onte na Comisión Municipal de Economía á vista das novidades xurídicas do caso. A actual concesionaria, a firma “Ascan” ven de notificar ó Concello que presentou recurso contra a decisión da Mesa de Contratación que decidiu a súa exclusión en cumprimento da resolución adoptada polo Tribunal de Contratos Públicos de Galicia (TACGAL). Asimesmo “Ascan” informou ó Concello que tamén presentou recurso contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). En ambos recursos plantexa que todas as empresas que licitaron tamén incumplirían o prego segundo a interpretación que fixo o TACGAL.   

 

Outras Comisións
A Comisión de Asuntos Sociais coñeceu as mocións que os grupos municipais de EU Son e BNG presentarán no pleno en defensa da sanidade pública. Ambas formacións políticas levarán a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.


Tamén houbo Comisión de Urbanismo que , entre outros asuntos, confirmou que levará ó pleno municipal do 29, a cesión dunha parcela de 8.000 mettros cadrados no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.