Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 29 de Marzo de 2026 a las 16:01:43 horas

Xornal21.es
Lunes, 27 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A nova avenida de Tomiño permite desviar os vehículos pesados

O novo trazado permite tamén enlazar centros sitos na estrada provincial, coma o CEP Pedro Caselles, cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina

O centro urbano de Tomiño nótase estas semanas moito menos conxestionado. A apertura da nova avenida que conecta as estradas EP3102 e PO-344, mediante unha variante poboacional, mellora a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario.

 

A nova estrada enlaza polo sur a EP-3102 e polo Norte a PO-344 (Rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á Avenida República Arxentina (que pasará a chamarse Avenida do Baixo Miño), e da rúa da Pedra cara o leste do núcleo, así como engarzando coa futura VAC sen necesidade de atravesar o núcleo urbano.

 

O novo trazado permite tamén enlazar os centros equipamentais sitos na estrada provincial (CEP Pedro Caselles), cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e mesmo o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina.


A nova avenida esténdese nun trazado de 1.318 metros, cun ancho de 16 metros (10 metros adicados a unha calzada de dobre sentido de circulación, e 6 metros de senda para peóns e bicicletas). O trazado foi deseñado para unha velocidade de 60 km/hora; aínda que de forma puntual establécense parámetros lixeiramente superiores ou inferiores para adaptarse as condicións da contorna.

 

Amais o proxecto complétase mediante o deseño das interseccións necesarias co viario existente; a tal obxecto inclúense cinco glorietas sobre o viario existente, e unha conexión urbana de 150 metros (prolongación rúa Tui), para conectar o novo trazado co centro urbano.


Cabe reseñar que o deseño da nova avenida tivo en conta o proxecto da VAC Tui-A Guarda, que contempla un enlace en O Seixo, de forma que o vial resulta totalmente compatible coas previsións da rede autonómica de estradas.

 

Nos próximos días, comezarán as obras de peonalización de dúas rúas no Seixo que veñen a completar o proceso de humanización do casco urbano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.