Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 26 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As rutas fenicias en barco polas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra en Fitur

A directora de Turismo de Galicia presentou en Fitur as novidades desta experiencia turística que percorre a costa galega

As viaxes en minicruceiros polas rías galegas que permiten coñecer o legado fenicio en Galicia, as Rutas dos Fenicios polo Atlántico, ofrecerán en 2020 itinerarios a vela de seis, dous e un día de duración para conseguir alongar a experiencia e dotala de autenticidade.

 

Así o anunciou  na Feira Internacional de Turismo, Fitur, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen participou na presentación da nova campaña desta iniciativa impulsada pola Xunta coa que os participantes, ademais de observar as paisaxes desde o barco, poden empregar unha aplicación de realidade aumentada que lles permite apreciar os detalles de cada lugar permitindo coñecer xa unha vintena de elementos patrimoniais que atestigua o paso dos fenicios por Galicia.

 

A Ruta dos Fenicios polo Atlántico percorre as rías de Vigo, Arousa e Pontevedra coa intención de poder incluír unha ruta polo Alto Miño no futuro. Esta experiencia turística foi premiada o pasado ano polo Itinerario Cultural Europeo dos Fenicios nun acto celebrado na localidade italiana de Bari, na que tamén recibiron galardóns Sicilia e Plugia. Alí deuse forma á declaración de Bari para consolidar a tradición turística dos territorios da ruta dos fenicios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.