Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 30 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Cultura creará un rexistro de artistas locais

A Concellería de Cultura propón a creación dun Rexistro de Artistas Locais de O Porriño para o que nas redes sociais do Concello subiuse a correspondente información así como o formulario coa solicitude de inscrición.


A iniciativa que lanza o departamento que dirixe Cami Moreira consiste en que todas aquelas persoas ou grupos adicados ás diversas actividades artísticas culturais e que teñan a súa residencia no concello de O Porriño, poidan inscribirse no devandito Rexistro.


A finalidade é dobre: contribuir ao desenvolvemento da comunidade artística local e dar a coñecer e fomentar a contratación de grupos e creadores do Porriño.


As inscricións faranse de acordo á instancia establecida que poderá descargarse na web do concello https://oporrino.org e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada: fotocopia do DNI; aportación de documentos gráficos en soporte dixital (fotografías, vídeos…) e currículo (traxectoria artística) ou memoria explicativa acerca da disciplina artística do solicitante.  


No caso de artistas menores de idade, a solicitude será asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor.


No Rexistro de Artistas Locais, os inscritos estarán divididos segundo as disciplinas presentadas. O acceso a este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder todas as persoas interesadas, de forma telemática a través da páxina web do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.