Vigo
Colisión múltiple entre seis turismos en Vigo
Un accidente múltiple, no que se viron implicados seis vehículos, saldouse con catro persoas feridas na Avenida de Alcalde Portanet, á altura do número 40, en Vigo. Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros ao quedar atrapada no interior dun dos turismos.
A colisión tivo lugar ás 10:15 horas da mañá de hoxe. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares que solicitaban axuda para os ocupantes dos vehículos implicados nun accidente parroquia de Santa María de Castrelos.
Decontado, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar a un dos feridos. Finalmente, as catro persoas foron evacuadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores do 112 Galicia tamén solicitaron a intervención dos axentes da Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141