GALICIA
Paulo Carril: “Ante a reforma laboral non hai transición posíbel”
Os salarios en Galiza están hoxe, en termos reais, un 7,6% por debaixo dos niveis de 2009
Paulo Carril explicaba que "os salarios en Galiza están, en termos reais, un 7,6% por debaixo dos niveis de 2009. Desde aquela medraron as desigualdades entre quen máis e quen menos cobran e perdeuse poboación activa e ocupada pola crise e a emigración. A taxa de temporalidade situouse, en 2019, no 27,4%, 7 décimas por riba da que había en 2018; o 13,5% da poboación asalariada ten xornada parcial e o 85% dos contratos duran menos dunha semana". Unha situación "derivada das reformas laborais e da negociación colectiva que provocaron un incremento intolerábel da precariedade e da pobreza laboral que fai improrrogábel a súa derrogación. Non hai transición posíbel, ten que haber ruptura democrática”.
Así o concluíu o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen compareceu en rolda de prensa, xunto ao secretario confederal de Negociación colectiva, Francisco González Sío, para presentar os máis salientábeis, e preocupantes, datos do informe de Rendas Salariais e as propostas da central sindical en materia de Negociación Colectiva para o ano 2020.
Uns datos diante dos que, para a CIG “non valen derrogacións parciais, porque toda a reforma laboral, desde o primeiro ao último artigo, é brutalmente inxusta e non hai absolutamente nada aproveitábel, nin artigo ningún que poida ser, nin tan sequera, revisábel”, explicou.
Demandas urxentes
Por iso demandou “celeridade” ao novo goberno en xeral, e á Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, en particular, “porque canto máis tempo se tarde en derrogala, máis crítica vai ser a situación e máis posibilidades vai ter o capital e a patronal de facer prevalecer este modelo que tanto dano está causando”.
O secretario xeral da CIG anunciou que esta será unha das demandas que a central sindical traslade a Díaz na xuntanza prevista para o día 10 de febreiro, na que ademais exixirá, como vén facendo desde hai anos, a aplicación das recomendacións da Carta Social Europea, segundo a que o SMI ten que ser de, como mínimo, o 60% do salario medio, isto é, de entorno aos 1.200€. “En Galiza estamos preto de que o 50% da poboación estea ou ben na pobreza, ou ben na extrema pobreza, ou ben camiño da pobreza. O actual decreto, que incrementa o SMI para o ano 2020 a 950 euros, cronifica a situación e imposibilita unha recuperación salarial que permita vivir en condicións dignas”.
Canda isto, a CIG reclamará que haxa unha aplicación directa do SMI sen a absorción dos complementos porque en 2019 “a patronal quixo, e onde puido o aplicou –coa concertación e o diálogo social con UGT e CCOO- deixar sen efecto a suba dos 900 euros, absorbendo os complementos e compensando así o incremento, o que provocou que nin se modificaran, nin se incrementaran un só euro as nóminas”.
Xunto a estas cuestión Carril indicou que a CIG demandará a supresión do IPREM. “Un indicador creado no seu momento por Zapatero para reducir a capacidade de recoñecemento de prestación públicas”.
Os salarios seguen perdendo peso no PIB
Canto aos datos (que figuran no documento anexo), o secretario xeral da CIG chamou a atención sobre o descenso do peso dos salarios que pasaron do 48% do PIB en 2009 ao 42,4% no terceiro trimestre de 2019. Un descenso do 5,6%, que non ten comparación nin co espazo europeo onde caeu 0,8 puntos, nin coa caída no Estado español, no que caeu o 3,8%, o que constata “o profunda que é esta crise e as políticas de saqueo constante á clase traballadora galega”.
Nesta perda de peso contribuíu o descenso das persoas asalariadas, o prezo por hora que en Galiza é de 17 euros/hora, mentres que na UE28 é de 23,7 e no Estado español é de 19,7 euros/hora. Cifras que implican que a remuneración media das persoas traballadoras galegas é o 72% da remuneración media das persoas traballadoras na UE e un 7,6% inferiores á media do Estado español.
Isto, xunto co feito de que entre o ano 2009 e o 2018 os salarios aumentaron nun 5,2% mentres que a inflación foi do 11,8% o que dá que a perda de poder adquisitivo real foi dun 6,6%.
O secretario xeral da CIG chamou a atención sobre o aumento das desigualdades e do emprego nos tramos de menores ingresos, mentres que se produciu un importante descenso nos tramos de maiores ingresos e ingresos medios. Advertiu da continua perda de persoas asalariadas menores de 35 anos, que foi ademais o grupo de idade onde máis descendeu o salario medio anual. Alertou do aumento da desigualdade por sectores de actividade. Denunciou que a fenda salarial entre homes e mulleres mantense no 21,5% e tamén as diferenzas salariais entre a Galiza interior e a litoral.
Propostas para a negociación colectiva
Fronte a un panorama coma este tal e como indicaron tanto Carril, como o secretario confederal de Negociación Colectiva, a CIG aposta pola mobilización para recuperar os salarios e poñer fin así á precariedade e á pobreza laboral. Mobilización que se intensificará na negociación colectiva como “clave para reverter esta situación”.
Deste xeito, tal e como explicou Francisco González Sío, na negociación colectiva, para avanzar na recuperación salarial, a CIG defenderá incrementos superiores ao 3%; que quede reflectido nos convenios o carácter non absorbíbel dos complementos, a prohibición das duplas escalas salariais e a igualdade retributiva entre homes e mulleres.
Xunto a isto, para loitar contra a precariedade e a pobreza salarial, González Sío explicou que a central sindical centrarase moito no que ten que ver coas novas formas de explotación laboral xurdidas a raíz da reforma da negociación colectiva e que afectan, sobre todo, á mocidade e ás mulleres. “témolas localizadas, temos feitas varias campañas o ano pasado e o anterior, con relativo éxito pero este ano na negociación colectiva temos que limitar que se siga afondando neste modelo”.
Como exemplos puxo a introdución de cláusulas de limitación dos contratos a tempo parcial, que afectan sobre todo ás mulleres e regular o mínimo de fixos nos cadros de persoal, diante da alta taxa de eventualidade que hai; estender nos convenios de sector que o persoal das contratas teña as mesmas condicións que os traballadores/as das empresas principais e prohibición das ETTs, entre outras.
Respecto desta última cuestión indicou que “temos sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que así o avala aínda que a Xunta de Galiza mediante o rexistro de convenios está paralizando algún que ten estas cláusulas. Non entendemos por que o fai cando a propia xustiza di que temos lexitimidade para limitar o uso das ETTs por parte das empresas”.
Novas formas de precariedade
González Sío advertiu sobre as novas formas de precariedade e asegurou que a CIG perseguirá as empresas multiservizos que amparándose no marco estatal e na prevalencia dos convenios de empresas sobre os convenios de sector, fai que grandes multinacionais monten empresas cun convenio de empresa estatal e que entren en todos os sectores rebentando absolutamente as condicións laborais do persoal do sector.
Especial mención fixo dos Centros Especiais de Emprego, onde a CIG entende que nin a Xunta nin a administración do Estado están exercendo o labor de control que deberían. “Esta é unha modalidade de empresas onde se contrata a persoas con capacidades distintas pero moi o contrario de favorecer a súa inclusión están sendo explotadas laboralmente, aplicándolles as condicións mínimas e exixíndolle o mesmo que a calquera outro traballador e traballadora”.
González Sío denunciou que estas empresas reciben ademais subvencións e polo tanto exixiu que “teñan as mesmas condicións que nas empresas principais”.
Mobilización o día 30
De feito a central sindical ten xa convocadas, para o vindeiro día 30 de xaneiro, mobilizacións en todas as comarcas, pola recuperación de dereitos, en demanda da derrogación da reforma laboral e da negociación colectiva, mais tamén para exixir “unha resposta urxente ante a crise industrial que de Norte a Sur atravesa o noso país e que afecta, desde a industria electrointensiva até o naval de Ferrol ou de Vigo; para reivindicar unha transición xusta en Meirama e As Ponstes; por todas as incertezas que hai na industria do automóbil, Isidro 1952, EMESA ou diante da deslocalización e perda de emprego no sector de centros de chamadas e teñecomunicacións”.
Carril lembrou que “temos claro que nin o poder económico nin o poder político van regalar ningún dereito”, asegurou que “os dereitos conquístanse coa mobilización” e denunciou a perversión de confundir o diálogo social, que o que fai é “domesticar, xerar desmobilización e lexitimar políticas moi agresivas contra a clase traballadora”, co diálogo institucional, que “é a obrigada interlocución que ten que ter un goberno cun sindicato ou coas patronais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149