REDONDELA
Digna Rivas visitou as obras acondicionamento do novo local de Servizos Sociais
A alcaldesa alcaldesa redondelá, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, comprobou “a boa marcha” das obras
“Era un compromiso que tíñamos coa cidadanía e, como tal, para nós era de obrigado cumprimento” asegurou Digna Rivas durante a visita que realizou na mañá de hoxe, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, as obras de acondicionamento do que serán as novas instalacións de Servizos Sociais.
A alcaldesa redondelá fixo especial fincapé no feito de “cambiar unhas instalacións pouco axeitadas”, compartidas, e inaccesibles, por outras totalmente accesibles e nas que, “amais de ofrecer aos traballadores e traballadoras un entorno cómodo para desenvolver o seu traballo, ofrecen a usuarias e usuarios a privacidade que un servizo como este precisa”.
O proxecto para o traslado destas dependencias, contaba co informe favorable dos servizos técnicos do Concello dende xuño de 2018. Digna Rivas lamentou que “o Goberno do PP non priorizara a súa tramitación” e á chegada do novo Goberno, en xuño de 2019, o expediente “levaba paralizado máis dun ano”.
Tanto a alcaldesa como a concelleira de Servizos Sociais, amosaron a súa satisfacción por ter conseguido no curto prazo de tres meses, “rematar o expediente de contratación” que permite que agora se poida estar realizando o traballo de acondicionamento –interior e exterior– do inmoble situado na rúa 8 de Marzo (Regojo).
A boa marcha dos traballos, explicou a concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, “apuntan a que ao longo do vindeiro mes de abril estas instalacións poidan estar plenamente operativas e ao servizo da veciñanza”.
Digna Rivas, pola súa banda, reafirmouse no seu compromiso de poñer en marcha “as medidas precisas” que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e, nese sentido, rematou, “dispoñer dun local de Servizos Sociais digno, é tamén dignificar tanto ás persoas que precisan deste servizo coma ás traballadores e traballadoras que nel desenvolven un traballo fundamental para a cidadanía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91