O PORRIÑO
Un detido por violencia machista en Atios
Resultaron feridas cun coitelo unha muller e o seu neto de 6 anos
A Policía Local de O Porriño realizou a pasada noite a detención dun veciño de Atios, Antonio G.F., de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. As vítimas son a súa esposa, unha muller de 52 anos e o seu neto de 6 anos, ambos feridos de diversa consideración.
Os feitos aconteceron no barrio de A Pontenova, en Atios. A Policía Local recibiu aviso do 112 Galicia ás 2,15 horas da madrugada. Informabase que unha muller e un neno denunciaran ter sido agredidos polo marido dela e que estaban na rúa agardando por unha ambulancia.
Cando chegou a patrulla, a ambulancia xa recollera ós feridos. Os axentes falaron co home que recoñeceu que tivo unha pelexa coa súa muller. Os axentes comprobaron que había manchas de sangue na habitación onde se produxo a discusión e atoparon debaixo da cama un coitelo de cociña co sangue polo que procederon a detención de Antonio G.F.
No que atinxe ós feridos, a muller presentaba varios cortes en brazos e mans. Recibiu traslado ó Hospìtal Alvaro Cunqueiro, pendente de intervención cirúrxica. Tamén o neno foi trasladado ó centro hospitalario con lesións nunha man e pendente de recibir atención psicolóxica xa que estaba presente na habitación onde transcurriron os feitos, segundo as pesquisas da Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149