VIGO
A Xunta impulsa o traballo dos investigadores da Universidade de Vigo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con Yolanda Rodríguez Vaqueiro, científica que lidera o grupo galardoado nos Galileo Masters
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou o traballo dos investigadores da Universidade de Vigo galardoados recentemente na categoría Idea of the year nos Galileo Masters, premios coñecidos como os Oscars do espazo que outorga a rede líder en navegación por satélite.
Conde reuniuse esta semana con Yolanda Rodríguez Vaqueiro, que lidera o grupo galardoado pola iniciativa CX Geodron, que se enmarca no proxecto Radio UAV. Neste proxecto participan 10 investigadores da Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Oviedo, e ten como obxectivo a creación dunha spin off para a explotación comercial de dous sistemas para medida e inspección baseados en sensores de radiofrecuencia embarcados en vehículos aéreos non tripulados.
Na reunión participou tamén o investigador Borja González, que forma parte do equipo, e a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Consuelo Pérez
No encontro, no que tamén participou a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Consuelo Pérez, e o investigador Borja González Valdés, membro do equipo de Radio UAV, fíxose fincapé na necesidade de seguir impulsando a transferencia de coñecemento dos centros de investigación ao mercado, impulsando así a competitividade do tecido empresarial galego.
Participación na BFAero
Neste sentido, e tal e como se lembrou na reunión, Radio UAV conta co apoio do programa Ignicia da Xunta, que ten permitido crear ou manter máis de 120 empregos cualificados a través do apoio a 18 proxectos de I+D que teñen resultados que poden chegar ao mercado, cun investimento de máis de 8 millóns de euros. Do mesmo xeito, o proxecto foi seleccionado para participar na modalidade de incubación da primeira edición da aceleradora Business Factory Aero (BFAero), enmarcada no Polo Aeroespacial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136