VIGO
Dous equipos de rúa atenden ás persoas sen teito en Vigo
O Concello atende ás persoas sen teito con dúas unidades de rúa que percorren a cidade facilitando información sobre os albergues municipais e distribuíndo mantas e bebidas quentes. Este servizo compleméntase co Programa Sereos, que facilita xeringas e produtos de hixiene.
O Concello dispón de dúas unidades de rúa atendendo ás persoas sen teito. Un equipo do propio albergue municipal de Marqués de Valterra e outro de Médicos do Mundo -financiado tamén polo Concello -, percorren a diario as rúas da cidade distribuíndo mantas, bebidas quentes e información sobre os albergues e outros recursos como a unidade de hixiene, comedor, sala de lecer, servizo de empadroamento. Respecto das prazas nos albergues municipais para pernoctar, Caballero apuntou que a pasada noite quedaron dezaoito vacantes -dez para homes e oito para mulleres –.
Outra iniciativa complementaria da que deu conta esta mañá o rexedor é o Programa Sereos -ubicado en Jacinto Benavente – que, a través de Érguete, distribúe xiringas, produtos de hixiene ou mantas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136