PROVINCIA
O goberno de Carmela Silva adxudica a contratación da xestión de “Depotermal 2020”
Carmela Silva pon en valor un programa que “promove o benestar das persoas e mantén a actividade das dependencias termais da provincia”
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer a aprobación da adxudicación da contratación da xestión do programa “Depotermal 2020” que este ano contará cun orzamento de 126.667,84 euros, o que supón un aumento con respecto á edición anterior de preto de 25.000 euros.
Tal e como comentou Carmela Silva este programa cumpre un dobre obxectivo “o de promover o benestar das persoas e o de manter a actividade das dependencias termais da provincia así como de todo o relacionado co turismo termal, no que somos unha grande referencia, e na desestacionalización”. Tal e como subliñou a presidenta, “trátase dun programa no que sempre se queda moita xente en lista de espera porque ten un gran apoio das pontevedresas e pontevedreses de todos os concellos da provincia”.
Esta nova edición ofertará dous programas cun total de 4.434 prazas. A modalidade de asistencia diaria a balnearios durante 5 días consecutivos contará con 1.248 prazas e o programa con pernoita e réxime de pensión completa de domingo a venres con 3.186 prazas. “Depotermal 2020” está dirixido a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1970, ou aquelas que nacendo con posterioridade son pensionistas ou precisen dun respiro familiar.
O programa de termalismo da Deputación de Pontevedra favorece o establecemento de novas relacións sociais, a participación en actividades que melloran o estado anímico das persoas maiores, potencia espazos de encontro e intercambio de experiencias e evita o illamento e situacións de soidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149