Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán aproba rehabilitar 
a cafetería de Dunas de Gaifar

Realizarase un investimento de 39.957 € para, a continuación, sacar a licitación a explotación da cafetería con todas as melloras xa efectuadas

O goberno de Nigrán aprobou o proxecto para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de volver a sacar a concurso público a súa xestión (actualmente sen actividade tralo cese do concesionario, ao que o Concello liquidou a fianza de 17.000 €). O investimento, cifrado en 39.957 €, contempla reparar e repoñer os elementos que non se atopan en condicións óptimas ou foron retirados, así como mellorar a accesibilidade. Non se realizarán cambios na distribución dado que o uso de cafetería se manterá. O prazo de execución destas obras, cuxa licitación estará lista nas vindeiras semanas, é de dous meses.

 

"O obxectivo é entregar a cafetería ao futuro concesionario nun estado óptimo porque repercutirá no beneficio de todos os usuarios e da propia imaxe de Nigrán. Trataremos de tramitar as obras e a concesión no menor prazo de tempo posible pero sen que iso limite ou condicione o noso obxectivo de mellorar o espazo ", explica Juan González, alcalde de Nigrán, quen avanza que, a diferencia dos anteriores contratos, a futura adxudicación da cafetería "será en aluguer e desligada por completo da xestión deportiva das pistas ou de mantemento da parcela".

 

 

 

 

O proxecto contempla, entre outras cousas, a reparación da cuberta e petos, mellora das instalacións eléctricas, de ventilación ou fontanería ou eliminación de barreiras arquitectónicas

 

 

 

 

Segundo o proxecto aprobado, eliminaranse os cortaventos do alzado nordeste ao impedir a accesibilidade e dotaranse aos aseos do equipamento preciso para persoas con mobilidade reducida, xa que actualmente carece del. Paralelamente, debido ao seu mal estado, repararase por completo a cuberta e os seus petos e  substituirase o canlón; revisaranse e completaranse as instalacións de fontanería e eléctrica (faltan moitas luminarias e algunha toma); implementarase a ventilación e repoñerase o pavimento da zona de pública da cafetería (está moi desgastado e presenta irregularidades). Finalmente, as carpinterías exteriores de aceiro serán renovadas dado o seu gran deterioro, mentres que as interiores só precisan ser pintadas e reparadas puntualmente. As obras contempladas inclúen o pintado da fachada e dos interiores (atendendo tamén aos revestimentos).

 

Finalmente, cunha finalidade estética, instalaranse pezas de madeira en vertical en dous tramos de fachada, por un lado na que dá cara as pistas de tenis e, por outro, na posterior, co fin de limitar o actual impacto visual das instalacións de aire.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.