Mos
Os Socialistas de Mos presentan alegacións contra o proxecto da cidade deportiva
O pasado Martes 28 rematou a exposición pública do proxecto do Real Club do Celta de Vigo en Mos, e polo tanto o prazo para presentar alegacións a MP que o goberno do concello quere levar adiante. O partido socialista de Mos asegura nun comnunicado que "dende o primeiro momento estivo en contra de este macro centro comercial con campos de fútbol porque entenden que este non é o tipo de proxectos que precisa o concello de Mos para medrar, e moi lonxe de beneficiar a veciñanza de Mos, o gran beneficiado será o presidente do Celta a costa da destrución do patrimonio natural do concello".
"A día de hoxe aínda non podemos coñecer a cifra exacta das alegacións presentadas pola veciñanza debido a gran cantidade de alegacións no rexistro do Concello, onde tardaran uns días en rematar de rexistrar todas as alegacións presentadas. Esta gran afluencia de alegacións demostra que a veciñanza de Mos rexeita a cidade deportiva" aseguran.
O partido socialista quixo participar en este proceso presentando 28 alegacións a modificación puntual, repartidas en oito bloques. O medio ambiente, patrimonio, mobilidade, repercusións no pequeno comercio, o incumprimento da axenda 2030 e o feito de que o plan xeral este recentemente aprobado polo cal non tería cabida facer unha MP, son os principais fundamentos que o partido socialista quixo reflectir nas súas alegacións.
Victoria Alonso, voceira dos socialistas de Mos manifesta que "non da crédito ante os últimos sucesos no período de alegacións, di non sorprenderlle as reaccións da alcaldesa xa que a señora Arévalo sempre ten o mesmo modu operandi, abroncar e enfrontar tanto administracións coma veciños e veciñas cando estes non van polo seu mesmo raíl".
Di que a única “inimiga hostil de Mos é a señora Arévalo, impóndolle a veciñanza un proxecto que rexeitaron dándolle un maior numero de votos os partidos que se posicionaron en contra do proxecto". Tamén lle recorda que "o partido socialista de Mos esta defendendo a toda esa veciñanza de Mos que non quere o proxecto no monte de Tameiga, e a diferencia da rexedora nunca abroncou aqueles que están a favor", e lle pide "que sexa quen de estar a altura como alcaldesa de todos os veciños de Mos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58