Vigo
A Fundación marco recibe 120.000 euros do Concello de Vigo
Abel Caballero anunciou o incremento, que será adicado a investimento, e se sumará aos 605.000 euros adicados ao funcionamento do museo, polo que o Concello achega o 76% dos seus ingresos deste ano. O goberno vigués tamén aprobou a transferencia de 125.000 euros ao Museo Liste, sostido case que exclusivamente con fondos municipais.
Segundo informouAbel Caballero, o goberno que preside autorizou a transferencia de 605.000 euros á Fundación Marco para o funcionamento do céntrico museo no presente ano. O alcalde anunciou ademais un incremento adicional de 120.000 euros para investimentos, o que deixa a achega municipal en 725.000 euros, máis do 76% do total do museo para o actual exercicio.
Pola contra, o rexedor denunciou que a Xunta de Galicia contribúe ao MARCO con 100.000 euros e denunciou que o goberno presidido por Núñez Feijóo aínda debe a súa achega correspondente ao ano pasado: “Se o Concello fixera o mesmo que a Xunta, o MARCO no mes de marzo estaría pechado”, concluíu.
Tamén no eido museístico, o goberno de Vigo aprobou a transferencia do Concello á Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo para o seu programa deste ano. Neste caso son 125.000 euros para un espazo expositivo que se sostén case que exclusivamente con esta achega directa municipal. “A Xunta, nada”, volveu lamentar Caballero.
Vigo Convention Bureau
En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta do abono de 200.000 euros á Fundación Vigo Convention Bureau para o exercicio 2020. Caballero subliñou o dobre obxectivo do ente, como promotor do turismo e tamén da campaña para a candidatura Illas Cíes Patromonio Medioambiental da Humanidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136