Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 29 de Marzo de 2026 a las 16:01:43 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Deputación remata a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101

Esta obra, na que se investiron preto de 50.000 euros, resolve unha problemática de seguridade para os vehículos nesta estrada provincial

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10 euros, resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos.

 

Máis polo miúdo, a actuación consistiu na instalación de barreiras de seguridade metálicas dentro dos sobreanchos existentes no dominio público viario co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Deste xeito, instaláronse ao redor de 1.300 metros de sistemas de contención de vehículos cos seus correspondentes abatementos co fin de proporcionar seguridade e certo nivel de contención aos vehículos fora de control que inician traxectorias de saída da estrada, reducindo así a gravidade das consecuencias para as persoas usuarias ou terceiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.