Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 06 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O Concello das Neves busca unha ampliación do Centro de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contará dende Semana Santa con espazo para ampliar o Centro de Saúde de As Neves, unha vez que as cativos e cativas da actual Escola Infantil da Galiña Azul se vaian para a nova gardería, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, que estará rematadas nesas datas.



Así o comprobou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, quen desprazouse ata As Neves para comprobar o estado do centro de saúde e manter unha xuntanza, que fora solicitada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e pola concelleira de Benestar, Pilar González Casas.



O alcalde inspeccionou co xerente o estado do centro de saúde, no que o Concello realizou unha serie de obras, e melloras, coma a pintura das instalacións, tratamento de humidades, colocación de azulexos, substitución de marcos e a apertura dunha porta para comunicar a consulta de Pediatría e a de Enfermería, "que era unha solicitude que fixeran os responsábeis e profesionais do centro hai máis de 8 anos".



Os representantes locais, que agradeceron a visita do xerente e cualificaron a entrevista con Julio Comesaña de "moi fluída, cordial e proveitosa", expuxéronlle a intención de que o espazo que deixa libre a escola infantil, se destine a aumentar a superficie da zona de Pediatría e comprometéronse a remitirlle, por escrito, un adianto do proxecto a desenrolar, inmediatamente despois do traslado da gardería ao seu novo destino.



Na mesmas reunión, o alcalde e a concelleira aludiron aos problemas que ten o centro de saúde no que se refire á substitución das baixas dos médicos de Atención Primaria-que o pasado mes de xullo causara ata 20 días de espera para consulta- e no servizo de Pediatría, que "se repiten dende hai varios anos" e que o xerente da Área Sanitaria asegurou que tentaría solucionar á maior brevidade, considerando as dificultades que, como explicou, hai na actualidade para atopar médicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.