AS NEVES
Aberto o prazo de inscrición para o Concurso-Desfile das Neves
O Concello de As Neves vén de publicar as Bases para o Concurso-Desfile de Carrozas do 'Entroido 2020', que se celebrará na vila o vindeiro día 22 de febreiro.
Segundo as mesmas, que se poden consultar na web do Concello, só se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa. No caso de participación de menores de idade, deberá acompañar á solicitude unha autorización de participación asinada polo pai/nai ou titor.
As comparsas ou carrozas deberán ter un mínimo de 15 integrantes que deberán manter unha "unidade temática no seu vestiario".
Para participar no desfile é necesario inscribirse no Rexistro electrónico do Concello de As Neves, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:30 h. O prazo para facelo xa está aberto e remata o venres día 21 de febreiro de 2020.
O desfile de carrozas será o sábado 22 de febreiro de 2020, con saída ás 18:00h. da 'Rotonda do antigo Montesol', na estrada municipal e percorreranse as rúas Entrecíns e Marquesa do Pazo para finalizar na Praza Maior.
Establécense os seguintes premios: 100€ para as mellores carrozas ou comparsas de 15 a 25 membros; 150€ para aquelas de máis de 25 membros; premio de 50€ ao Mellor Disfrace Orixinal infantil (ata 15 anos) e para o Mellor disfrace orixinal de maiores de 15 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20