Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Abre o prazo para participar no programa “En Ruta coa Depo 2020”

Ofertan 20.000 prazas e

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as bases reguladoras da quinta edición de “En Ruta coa Depo 2020”. O prazo de presentación de solicitudes para as entidades interesadas da provincia será de 15 días hábiles e comezará a partir de hoxe martes. As solicitudes terán que presentarse obrigatoriamente mediante medios electrónicos da sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

 

O programa, ao que a institución provincial destina 417.600 euros, 52.000 euros máis que no 2019, oferta 32 rutas para coñecer lugares emblemáticos da provincia de Pontevedra. Ofrécense un máximo de 20.000 prazas, das cales 400 resérvanse a persoas que se atopan con dificultades económicas ou en risco de exclusión social e que están totalmente financiadas pola Deputación de Pontevedra. As rutas inclúen o desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus concellos, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e o xantar.

 

 

 

 

O programa inclúe 32 rutas que dan a coñecer os lugares máis emblemáticos da provincia de Pontevedra

 

 

 

 

“En ruta coa Depo” está dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que poderán solicitar, por orde de preferencia, tres rutas das 32 propostas sinalando o mes e o día da semana preferidos para a súa realización. O programa divídese en rutas temáticas, culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.  

 

A través deste programa, a Deputación de Pontevedra quere dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo e promover os valores máis importantes das Rías Baixas. Preténdese que a xente os coñeza, poida sentirse orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. Amais, a iniciativa busca crear espazos de unión e convivencia, a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.