Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 04 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Nenas e nenos de infantil e primaria “toman” a nova sede da Deputación

A actividade “O océano a través dos sentidos” concentrou a un centenar de escolares da Escola Hernán Cortés e dos CEIP Ramón y Cajal e García Barbón

“Tendes que aprender moito, coidar o mar e os océanos e, cando vexades a alguén tirar cabichas na praia ou empregar plásticos, dicirlle que non se pode facer” asegurou Carmela Silva no marco da actividade “O océano a través dos sentidos”, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra con motivo da inauguración da súa nova sede na rúa Eduardo Chao de Vigo. En total, participaron na xornada un centenar de nenas e nenos de infantil e primaria da Escola Infantil Hernán Cortés e dos CEIP Ramón y Cajal e García Barbón de Vigo.

 

A presidenta da Deputación animou ás nenas e aos nenos a coidar o mar e agradeceu a colaboración das mestras e das monitoras na organización da xornada “O océano a través dos sentidos”.  Esta iniciativa tiña como principal obxectivo concienciar ao alumnado sobre o coidado do medio ambiente, a protección do mar e o mal emprego dos plásticos a través dun obradoiro científico que permitiu á rapazada tomar contacto coa fauna mariña a través do xogo.

 

 

 

 

Carmela Silva anima á rapazada “a ser protagonistas” na loita polo medio ambiente

 

 

 

 

Máis polo miúdo, con este obradoiro as cativas e cativos puideron descubrir os sentidos dos peixes e comparalos cos dos seres humanos. Así, a través do sentido do tacto o alumnado puido tocar “a cegas” obxectos relacionados co mar; a través do oído xogaron a adiviñar con que se correspondían diferentes sons mariños; a través da vista traballaron cun microscopio e con diferentes cunchas; a través do gusto probaron diferentes sabores relacionados co mar e, finalmente, a través do olfacto descubriron olores relacionados co medio mariño.

 

A actividade comezou ás 10 da mañá e rematou ás 13.30 horas sendo as nenas e os nenos máis cativos, da Escola Infantil Hernán Cortés, os que iniciaron as actividades lúdico-sensoriais. Continuou un grupo de primeiro e segundo de primaria do CEIP Ramón y Cajal e rematou a actividade o alumnado de segundo de primaria do CEIP García Barbón.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.