PROVINCIA
Alerta sobre a procesionaria e a Bolboreta do buxo
A Estación Fitopatóloxica dependente da Deputación de Pontevedra advirte que a procesionaria pode causar reaccións alérxicas e inflamatorias en persoas e animais domésticos e suxire estremar as precaucións
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir unha serie de recomendacións para as persoas que traballan na agricultura tralo cambio da situación climática nestes últimos días, sen choivas e con temperaturas altas, despois de semanas de precipitacións continuas.
Neste senso, a responsable dos avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero, destacou que é un bo momento para aplicar tratamentos de outono-inverno con compostos de cobre nas plantas leñosas, ao menos realizar unha aplicación. En caso de facelo, advirte aos agricultores e agricultoras que lembren que a Unión Europea restrinxiu o uso dos produtos fitosanitarios que conteñan compostos de cobre a unha taxa de aplicación máxima a 4 quilogramos/hectárea/ano, polo que deben procurar calcular ben as dose e o volume de caldo. En caso de aplicalos sobre os cítricos, debe recollerse antes toda a froita que poidan necesitar mentres perdure o prazo de seguridade do fitosanitario empregado.
Por outra banda, en caso de que non levasen a cabo aínda a poda, a técnica de Areeiro lembra ás persoas que traballan na agricultura a conveniencia de adoptar as boas prácticas que recomenda habitualmente a Estación: desinfectar tesoiras de poda, podar en tempo seco e sen vento, tentar sanear as plantas eliminando ramas afectadas por alteracións da madeira ata alcanzar unha zona limpa e sa e retirar, queimar ou destruír os restos da poda, sobre todo os de maior diámetro.
O aviso de Areeiro tamén fai fincapé en que no laboratorio da EFA e xa nalgunhas sebes de zonas cálidas observáronse as primeiras eirugas da Bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis) saíndo da hibernación. Aínda que de momento sucede de xeito moi puntual no exterior, Pérez Otero sinala que é previsible que coas temperaturas destes días empecen a observarse tamén os primeiros síntomas.
E, no caso dos piñeiros e cedros, a técnica advirte da aparición da procesionaria. Neste senso, apunta que co calor e o sol que está a facer estes días é de esperar que empecen a verse de xeito máis frecuente as características procesións de enterramento destes exemplares. E lembra que as eirugas que conforman as procesións teñen pelos urticantes que poden producir reaccións alérxicas e inflamatorias non só ás persoas senón tamén aos animais domésticos, polo que é recomendable afastarse das masas de especies sensibles, non pasear coas mascotas nesas áreas e, en caso de observar as procesións, non achegarse nin manipular as eirugas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149