PROVINCIA
Talentos do panorama musical feminino daranse cita este xoves na nova sede da Deputación en Vigo
Xoana, Najla Shami, Wygga e Wöyza son algunhas das artistas que interpretarán pezas reivindicativas que encherán de creatividade e compromiso a “Sala Rosalía”
“Hai grandes mulleres na música galega, grandes talentos e tamén figuras emerxentes, que están a despuntar con moito éxito no panorama musical feminino e queremos visibilizalas para que as mozas que están a estudar música teñan referentes neste eido”. Así explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o obxectivo de “Talento feminino” o festival que terá lugar este xoves, entre as 19 e 21.45 horas ,na nova sede da institución provincial en Vigo, na rúa Eduardo Chao, no corazón do Casco Vello. Xoana, Najla Shami, Wygga e Wöyza, artistas consagradas e emerxentes da escena pop e urbana galega, interpretarán pezas reivindicativas que encherán de creatividade e compromiso a “Sala Rosalía” da nova sede institucional.
O festival “Talento feminino”, que forma parte das actividades programadas para a inauguración da sede, é unha iniciativa da Deputación xunto a Regalamúsica, enmarcada na promoción e apoio do talento musical feminino e na visibilización da muller na música. Deste xeito, neste evento as artistas Xoana, Najla Shami, Wygga e Wöyza interpretarán entre tres e cinco pezas cada unha ao tempo que van compartir experiencias e intercambiar impresións sobre a música feminina en Galicia. Tamén haberá espazo para que novos talentos e mulleres artistas en proceso de formación teñan a oportunidade de amosar toda a súa creatividade.
Carmela Silva: “Talento feminino é un festival que dará referentes ás nenas e mozas que estudan música para que coñezan todo o potencial que ten a música feminina en Galicia”
O festival comezará con Xoana e Najla Shami. Xoana conseguiu co seu debut “Dardos” un premio finalista MIN ao mellor álbum en galego e trátase dunha artista reivindicativa, que leva por bandeira ao idioma galego e intenta remover conciencias a través de diferentes estilos musicais para abordar cuestións como a violencia de xénero ou a emigración. Pola súa banda a palestina, galega e arxentina Najla Shami, con case unha década de traxectoria ás súas costas, vai presentar o seu novo traballo “Ela sabe a sol”, un libro disco con temas en galego, castelán e árabe.
Posteriormente terá lugar a actuación de Wygga, que recentemente sacou o seu novo single no marco de “Plomo y oro” e forma parte da nova xeración da escena urbana galega. No caso de Wöyza, que interpretará pezas do seu novo álbum “Tábula Rasa”, trátase dunha das mulleres máis potentes da escena urbana galega, con influencias de diferentes estilos musicais que abranguen dende o underground ata o soul clásico e que fala, nas súas letras, de compromiso social e loita. Destaca tamén por ser a creadora do primeiro coro gospel de Galicia V-Go!.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149