Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos endurece a vixiancia e sanción de verquidos incontrolados de residuos

Iniciouse unha estratexia de detección, identificación e multa dos infractores á que se lle dá máxima prioridade desde o Concello

Onte reuníronse no Concello de Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro responsable do servizo de recollida de residuos, Gonzalo Alonso, o xefe da Policía Local e varios axentes, o secretario municipal, a enxeñeira municipal e representantes da empresa concesionaria da recollida de lixo, Urbaser, para abordar a problemática dos verquidos incontrolados realizados tanto por particulares como por empresas na localidade.


A estratexia municipal a seguir consistirá na estreita colaboración entre a empresa de recollida e a Policía Local, de cara a detectar, denunciar e sancionar verquidos incontrolados de residuos; de xeito que a situación poida mellorar nun breve período de tempo.


Urbaser deberá encargarse durante a prestación do seu servizo, de detectar os verquidos, elaborar os pertinentes informes sobre os mesmos e remitirllos de inmediato á Policía Local de Mos, que abrirá expedientes sancionadores ao respecto, que terán prioridade de grao 1 por orde da propia alcaldesa.


Ademais a Policía mosense xa comezou a realizar patrullas especiais medioambientais co obxectivo de detectar e identificar a este tipo de infractores.


Trátase dun sistema práctico de prevención, detección, sanción e erradicación dos verquidos, baseado fundamentalmente na coordinación entre as partes actuantes.


Ante o aumento de vertedoiros incontrolados de todo tipo de residuos o Concello aplicará de xeito estricto a normativa estatal en materia de residuos que establece sancións leves de ata 9.000 euros cando se trate de residuos perigosos e sancións graves de ata un máximo de 45.000 euros.


Polo tanto dende a administración local mosense advírtese de que os rastrexos serán diarios tanto policiais como por parte da empresa de recollida nas zonas nas que habitualmente se detecta maior presenza de verquidos incontrolados, entre elas atópanse os polígonos industriais existentes no termo municipal.


A rexedora local mosense declarou a este respecto que “temos que ser capaces de eliminar estes verquidos e para elo xestionaremos os expedientes sancionadores con rapidez e firmeza, tramitarémolos pola vía de urxencia e seremos implacables cos infractores”. Ademais Arévalo anunciou que “nun mes celebraremos unha nova mesa de traballo neste senso e faremos un balance das infraccións detectadas e os expedientes tramitados”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.