Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 14 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Augas de Galicia elimina un punto de vertido en Nigrán

O punto correspondíase cun vertido de augas domésticas procedentes dunha vivenda unifamiliar localizada no lugar de Vilameán, que afectaba ao río Muíños

A Xunta, a través de Augas de Galicia, elimina un punto de vertido de augas residuais no Concello de Nigrán.

 

O punto correspondíase cun vertido de augas domésticas procedentes dunha vivenda unifamiliar localizada no lugar de Vilameán, que afectaba ao río Muíños, preto da súa desembocadura en praia América.

 

As actuacións que permitiron a emenda dos aportes contaminantes iniciáronse no transcurso das labores de inspección rutineiras levadas a cabo polo persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia na rede fluvial do concello.

 

Os feitos observados foron notificados ao Concello de Nigrán, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a supresión dos aportes irregulares.

 

Os técnicos de Augas de Galicia, durante unha nova inspección á zona afectada, constataron a emenda dos aportes contaminantes mediante a conexión das augas residuais do inmoble cara a rede de saneamento. Isto permitiu eliminar as citadas achegas cara a recollida de augas pluviais afectada, feito que se verificou cunha nova mostraxe realizada no punto de vertido ao río tras a actuación correctora.

 

A actuación levada a cabo eliminou os aportes contaminantes cara o Domino Público Hidráulico nunha zona moi concorrida en época estival, que permitirá mellorar a calidade da auga de baño na citada praia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.