PONTEAREAS
O alumnado do obradoiro de emprego comeza os seus traballos na Picaraña
A concelleira de Emprego e a concelleira de Medio Ambiente salientan a importante contribución que realizan na protección e coidado dun ben colectivo como é o patrimonio natural
A concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, visitaron onte A Picaraña para supervisar os traballos que realizará o alumnado da rama forestal do obradoiro de emprego “Coidar de Nós II”.
O alumnado traballará en nove mouteiras nas parroquias de Arcos, Bugarín e Ponteareas nun total de 218 hectáreas nas que desenvolverá distintos traballos para os que previamente recibíu formación teórica.
En concreto, as dez alumnas e alumnos colocarán trampas para a procesionaria, localizarán e anillarán pes diseminados sintomáticos de nematodo e recollida de mostras para posterior seguemento, contribuirán na erradicación de acacias e eucaliptos, realizarán operacións de mantemento de puntos de auga contra incendios e plantarán especies arbóreas e plantas e tomarán mostras de terra para a súa análise.
Ademais tamén executarán traballos de desbroce e limpeza, apertura de taxeas, triturarán restos de poda e crearán unha faixa natural para reducir a escorrentía, entre outros moitos traballos.
Para desenvolver todas estas tarefas empregarán ferramentas manuais e motorizadas para as que previamente recibiron formación como o manexo de distintos tipos de tractores, desbrozadoras, moto serras ou ferramentas de poda.
A concelleira de Emprego, Vanesa Fernández, destacou a importancia de que o traballo que desenvolven redunde no beneficio de toda a sociedade, “un feito que tamén sirve para motivar ao alumnado que deixa a súa pegada en bens colectivos como o patrimonio natural”.
Pola súa banda, Rosa Covelo, salienta a grande contribución que aportan estas persoas axudando ás comunidades de montes a cumprir a lei de incendios.
Ámbalas dúas concelleiras agradecen a colaboración das distintas comunidades de montes en man común que permiten desenvolver un traballo transversal que actúa de xeito integral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163