Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal amplía o horario de atención 
do Punto Limpo

Abrirá martes, xoves e sábado de 10 a 13 h e mércores de 15 a 18 h

O Rosal ampliará a partir do mes de marzo o horario de atención ao público do Punto Limpo municipal, un cambio nos días e nas horas de apertura e peche que busca “mellorar o servizo adaptando o horario ás necesidades da veciñanza, facilitando que poidan depositar os residuos domésticos que non teñen cabida nos colectores habilitados nas rúas”, como salienta a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente. O servizo é totalmente gratuíto.


O novo horario de atención ao público será:

 

  • Martes, xoves e sábado de 10.00 a 13.00 horas.
  • Mércores de 15.00 a 18.00 horas.


Con esta ampliación de horarios o Concello quere tamén fomentar a concienciación e responsabilidade ambiental dos rosaleiros e rosaleiras, que poden depositar no punto limpo do Camiño das Aceñas voluminosos, electrodomésticos, roupa ou calzado usado, aceite vexetal, tubos fluorescentes ou lámpadas especiais, pilas, mobiliario... e calquera outro residuo que non teña cabida nos contedores habituais.


O Concello agradece a colaboración da veciñanza no emprego deste punto limpo para evitar así o abandono ou as verteduras incontroladas de calquera tipo de residuo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.