MOS
O Concello de Mos e Afaga presentan unha andaina para coidadores e persoas con demencia
Terá lugar o sábado, 15 de febreiro e haberá actividades para os coidadores e para as persoas con demencia
A Alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, acompañados pola concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, presentaron está semana no Concello de Mos, a Andaina O Porriño-Mos, que terá lugar o sábado, día 15 de febreiro, e que se dirixe ós familiares coidadores e ás persoas con demencia.
Esta andaina enmárcase dentro do proxecto A Memoria no bo Camiño, cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O Teu Xacobeo.
Nidia Arévalo sinalou que “É una sorte contar en Mos co apoio de asociación como Afaga na que as familias poidan atopar ese lugar de respiro que é tan importante, ademáis da axuda social, psicolóxica e emocional, tanto a eles como ó propio enfermo. É unha ledicia para nos acoller esta andaina que comeza en O Porriño e remata no Concello de Mos e percorrerá un anaco do Camiño de Santiago”.
A andaina comeza as 10:00 h. no Concello de Porriño e remata as 13:00 h. no Pazo de Mos
Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez agradeceu ó Concello de Mos a boa acollida que sempre ten coas actividades que fai Afaga e destacou que é un Concello solidario coas demencias. “Nosa intención con esta andaina es dar visibilidade ás familias e facer unha actividad para as personas con alzhéimer no Pazo de Mos, que amablemente nos ceden de forma gratuíta, e escollemos Mos polo apoio que sempre encontramos neste Concello desde fai moitos anos”.
Trátase dunha xornada de lecer na que terá dúas actividades en paralelo. Por unha banda, unha andaina para coidadores percorrendo un anaco do CamiñoPortugués, entre O Porriño e Mos. E, doutra banda, para as persoas con demencia, realizarase un obradoiro de estimulación cognitiva e funcional no Pazo de Mos.
E, para rematar a xornada, haberá un aperitivo no Pazo de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58