MOS
A alcaldesa de Mos trata co vicepresidente da Xunta asuntos prioritarios a levar a cabo durante o ano
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, para tratar sobre os proxectos a levar a cabo no municipio mosense ao longo do ano.
Arévalo abordou tamén con Rueda outras necesidades como dotacións para a Policía Local entre as que se atoparía un novo vehículo, a mellora do Cemiterio Municipal de Torroso, o remate do local social de Dornelas e un parque infantil nas inmediacións do Centro Cultural Abrente de Torroso.
A mellora do cemiterio de Torroso consistirá no drenaxe de 3 grupos de panteóns pola parte traseira dos mesmos, xa que actualmente existen filtracións de auga nos nichos. Deste xeito acometerase a impermeabilización da cuberta dos 3 grupos de panteóns. Un dos grupos ten 75 metros cadrados de cuberta e os outros dous 48 metros cadrados cada un. O orzamento a investir nesta obra ascende a 25.000 euros.
No caso de local social de Dornelas, quedaría pendente a instalación dun ascensor e a dotación equipamentos interiores, para rematar a obra xa acometida en 2019 pola Xunta consistente no illamento térmico, pavimentacións e eliminación de humidades co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do edificio.
Por último, para o parque infantil na contorna do Abrente, xa se asinou o mes pasado no Concello, a cesión por parte da Comunidade de Montes de Torroso á administración local, dun terreo de preto de 300 metros cadrados a tal fin. Con este parque darase servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58