Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 17 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O alcalde de Gondomar recibe aos pequenos emprendedores de Coopevincios

A directiva desta cooperativa, integrada pola nenos Uxía, Roi, Andrea, Paula e Martín, entrevistouse a semana pasada co rexedor, Paco Ferreira, ao que lle explicaron o proxecto posto en marcha polos corenta alumnos de 5o e 6o da Educación Primaia do colexio Serra Vincios

Paco Ferreira felicitou aos estudantes pola súa iniciativa e recoñeceu estar gratamente sorprendido pola calidade e orixinalidade dos produtos, todos eles elaborados partindo da reciclaxe e a reutilización doutros elementos. Durante a entrevista coñeceu os pormenores de Coopevincios, así como as diferentes tarefas que se realizan e como se distribúen entre os cooperativistas.

 

Lembrou “que calquera idea emprendedora terá un apoio por parte do meu goberno, e máis cando apostan por iniciativas que, como neste caso, promoven a cooperación e a aprendizaxe sen esquecer o aspecto solidario”.

 

Coopevincios elabora candeas, xogos, peto ou marcapáxinas con produtos reciclados ou reutilizados e os estudantes anunciaron a súa intención de participar no Rastrillo de Primavera de Gondomar, o próximo 21 de marzo, e aproveitaron para preguntar ao alcalde sobre a documentación que deben presentar para facelo. A recadación que se obteña da súa venda destinarase nun 75% á Fundación Fran Gil “700 camisetas solidarias”, e o resto á organización dunha viaxe a Madrid para poder asistir ao musical “O rei León”.

 

Aproveitaron a súa visita para explicar a Paco Ferreira a función que desempeña cada un na cooperativa, con postos como o de presidente, interventor ou secretario e como desenvolven o traballo día a día no centro, onde a colaboración do profesorado e as propias familias é fundamental.

 

Paco Ferreira destacou, por último, a importancia deste tipo de iniciativas, que se desenvolve no marco do programa “Depoemprende Educación” da Deputación, porque “potencian valores tan importantes como o emprendemento, a convivencia ou a creación, entre outras moitas competencias”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.