Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia

O concurso “balbino” de relatos promociona a creación literaria en galego

O certame ten un único premio de 1.500 euros e está dirixido a persoas de todas as idades, que deberán presentar obras inéditas que deben ter como temática o mar, o rural e a emigración

No marco da súa aposta por dinamizar a creación literaria en galego, a Deputación de Pontevedra colabora un ano máis na convocatoria do Concurso “Balbino” de Relatos, que este ano chega a súa quinta edición e que naceu para a promoción da literatura e a lingua galegas, así como dos novos talentos na escrita e de autores xa consagrados. Este certame está promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe e Edicións Fervenza, conta coa conformidade da Fundación Neira Vilas.

 

O concurso, que está dotado cun único premio de 1.500 euros, amais da publicación da obra gañadora por Edicións Fervenza, está aberto a persoas de todas as idades e nacionalidades, que deberán presentar obras orixinais e inéditas en galego coa temática do rural, o mar ou a emigración. O relato ou serie de relatos con estes temas poderá ser real ou de ficción e os textos deberán ter unha extensión mínima de 100.000 caracteres con espazos e máxima de 180.000.

 

Os orixinais poden enviarse por correo postal ou electrónico. No primeiro caso, presentaranse cinco copias en papel DINA4 debidamente encadernadas, o texto levará un título e estará asinado cun lema. Nun sobre pechado aparte, levará fóra o título e dentro o nome, apelidos, copia do DNI, enderezo residencial e electrónico e teléfono do autor o autora. No caso de optar polo envío por e-mail, o arquivo debe remitise en formato pdf  e tamén é necesario que envíen por correo postal e en sobre pechado os datos persoais. En calquera modo de envío non levará ningún dato que identifique ao autor o autora, e deberá indicarse claramente que é para participar no Concurso “Balbino” de Relatos. O texto será enviado ao enderezo: Técnicas & Gramaxe SL, rúa Santa Olaia 18-36540 Silleda (Pontevedra) ou ao enderezo electrónico concursobalbino@gmail.com.

 

A data de presentación dos traballos rematará o 30 de xuño e a entrega do premio terá lugar no último trimestre do ano.  O xurado do concurso estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio do mundo da literatura e da cultura galega.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.