Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 18 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar celebra o día de Rosalía de Castro cunha lectura pública da súa obra

Súmase así o concello á conmemoración do aniversario do nacemento da escritora cuxa imaxe pasará a formar parte da rúa que leva o seu nome, nas inmediacións do antigo Matadoiro, cun retrato de arte urbana que realizará o artista local “ Gory”

A imaxe de Rosalía de Castro sumarase á realizada no seu día por este artista do escritor Carlos Casares, e con ela quérese render homenaxe “durante todo o ano a este referente da literatura galega e universal, máis aló da data na que se celebra o seu aniversario”, afirma o rexedor Paco Ferreira.

 

O acto central do próximo 24 de febreiro consistirá nunha lectura pública de diferentes pasaxes das súas obras máis relevantes e aberta a todo o público. O alcalde iniciaraa ás 12.00 do mediodía ao que seguirán os integrantes do goberno local, tras o que se convidará ao resto da corporación municipal e a todos os veciños e veciñas que queiran render o seu tributo particular a Rosalía de Castro.

 

Así mesmo buscarase a colaboración do comercio local ao que se entregarán carteis coa imaxe de Rosalía de Castro e parágrafos impresos das súas principais creacións literarias para facer chegar a súa obra ao maior número de persoas posible.

 

Paco Ferreira anima aos gondomareños a participar nesta xornada “na que renderemos homenaxe a unha muller que é un claro referente non só na literatura galega e do século XIX, se non en dar voz entón a cuestións tan de actualidade hoxe en día como os dereitos das mulleres, a defensa do galego ou a denuncia da emigración”.

 

O goberno local cumpre así o acordo alcanzado por unanimidade o pasado pleno municipal no que se aprobou declarar o 24 de febreiro día de Rosalía de Castro no concello, así como a emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da escritora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.