O PORRIÑO
O mércores 19 constituiráse a Comisión Especial para a Descontaminación por Lindano
O vindeiro mércores 19 constituiráse a Comisión Especial para a Descontaminación por Lindano na que, en principio non haberá representantes da Xunta de Galicia. "Nin a Consellería de Sanidade nin a Consellería de Medio Ambiente atenderon, ata de agora, a invitación do Concello de O Porriño para que designaran ós seus vogais na devandita Comisión Especial. De feito o pasado 14 de xaneiro, desde Alcaldía remitironse sendas cartas ós titulares de ambas Consellerías reiterando a invitación" segundo explican nun comunicado emitido polo Concello do Porriño.
Eva García como alcaldesa será a presidenta da Comisión na que integrase un concelleiro por cada grupo municipal. Asimesmo os sindicatos UXT, CCOO e CIG nomearon un delegado por cadaun deles, hai un vogal pola Plataforma de Afectados do Lindano e por suposto, hai representación veciñal de Relva, Alba e San Salvador
A creación desta Comisión Especial, previamente consensuada pola alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais, acordouse formalmente en pleno pola Corporación Local. A estructura da Comisión Especial que se determinou incluía ás duas Consellerías citadas entendendo que a sua participación é indispensable pola natureza do asunto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170