PONTEAREAS
Veciños de Ribadetea contarán co saneamento no ano 2023
O martes 11 de febreiro foi unha xornada de traballo na que estiveron presentes un enxeñeiro de Augas de Galicia, un enxeñeiro municipal e dúas enxeñeiras da empresa redactora do proxecto de saneamento integral da parroquia de Ribadetea, que dará servizo a 800 veciños. Estiveron acompañados polos membros da Plataforma Veciñal, recorrendo distintos lugares da parroquia.
Os técnicos da xunta e da empresa redactora acudiron a Ribadetea para estudar sobre o terreo algúns tramos que presentan mais dificultades tratando de buscar a mellor solución para que se poida dar servizo a todas as casas da parroquia. Valoraron tamén as particularidades que presenta por pertencer á Rede Natura 2000, o que implica unha maior protección medioambiental deste espazo.
A empresa redactora ten previsto rematar este proxecto no vindeiro mes de marzo. Este será o documento imprescindible para comezar a planificar e executar as obras da rede de saneamento en Ribadetea.
A Plataforma Veciñal está ocupada e comprometida en realizar as xestións e accións necesarias para conseguir que a Confederación Hidrográfica autorice o inicio das obras de inmediato, para que no ano 2023 a parroquia de Ribadetea poida xa verter pola rede de saneamento unha vez rematada a ampliación da depuradora de Ponteareas.
A Plataforma Veciñal valora positivamente esta visita dos técnicos de Augas de Galicia, que vai permitir rematar un proxecto de saneamento adaptado á realidade actual da parroquia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163