GALICIA
Os trens de RENFE en Galicia "nunhas condicións deplorables de limpeza exterior"
CGT denuncia a suciedade exterior dos trens S121
O Sector Ferroviario de Galiza remitiu escrito o Xerente de RENFE Viaxeiros en Galiza, denunciando a sucidade exterior con que circulan os trens da serie 121 que fan o percorrido VIGO-A CORUÑA e A CORUÑA-OURENSE e solicitando medidas urxentes que corrixan a deficiente limpeza exterior de estes trens, que está a repercutir na calidade que se oferta os viaxeiros e na propia imaxen de RENFE- Viaxeiros.
![[Img #60577]](https://xornal21.com/upload/images/02_2020/7137_121sucio03.jpg)
Unha avaría no túnel de lavado de RENFE Fabricación e Mantemento na sua base de Redondela que dura xa dous meses, está ocasionando que os trens circulen nunhas condicións deplorables de limpeza exterior, chegando os viaxeiros a ensuciarse as mans o premer o botón de apertura de portas exterior e a impedir que se vexa a través das fiestras.
Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza "non entendemos que dende a Xerencia de Galiza non se tomen medidas alternativas que solucionen este problema que se prolonga no tempo" explican.
Tamén piden "unha modernización do material ferroviario con que RENFE e CP operan no treito Vigo-Porto, atendendo a que os vehículos S/592 de mais de 40 anos de antigüidade non ofertan as prestación que entendemos debe ter un servizo internacional que une Galiza con Portugal".
"Mentres RENFE está a sacar un novo produto AVE low-cost, o AVLO, que unirá Madrid con Barcelona, con vehículos reformados con wifi, maquinas autovenda, vídeo, asentos ultima xeración, accesibilidade, etc. en Galiza estamos ofertando servizos internacionais con material que por non ter non ten nin anuncio das paradas que fai, nin accesibilidade, nin enchufes, nin asentos reclinables, nin bandexas, nin monitores, etc etc" conclúen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149