PROVINCIA
“Si, acepto” este xoves no Castelo de Sobroso
O estilista Óscar Novo e a deseñadora Patricia Avendaño presentarán a súa colección 2020 nun evento que contará con actuacións de Rosa Cedrón e a Nova Galega de Danza
O Castelo de Sobroso vestirase este xoves pola tarde coas súas mellores galas para acoller o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentará as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. Ao evento asistirá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entre outras autoridades.
Na cita, que comezará a partir das 19:30 horas no Castelo, haberá tempo para a cultura e tamén para a posta en valor dun dos elementos máis importantes do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Deste xeito, o evento –que estará conducido por Diana Nogueira– contará, ademais de co desfile de traxes nupciais da colección de Patricia Avendaño, con dúas actuacións estelares a cargo da vocalista Rosa Cedrón, imaxe de marca de Óscar Novo, e a compañía Nova Galega de Danza.
O desfile será unha mostra máis do xeito en que tradición e vangarda conflúen no traballo que vén desenvolvendo a Deputación de Pontevedra estes últimos anos, co obxectivo de crear novas experiencias e novos atractivos para a captación de visitantes do destino #PontevedraProvincia.
A institución provincial ten apostado pola moda con grande éxito en actividades como a exposición “A moda en detalles”, que acolleu en 2019 o Castelo de Soutomaior acompañada de visitas guiadas temáticas arredor da moda e da camelia, ou a mostra “Galicia, a terra dos mil panos”, que se converteu nunha das máis visitadas do ano 2019 no Museo de Pontevedra. Ademais, a presidenta provincial Carmela Silva presentou hoxe a pasarela de traxe tradicional “Unha ollada polas arcas pechadas”, que terá lugar este venres a partir das 20:30 horas na nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo coa colaboración da Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149