Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello dotará de semáforo e paso de peóns a N-120 no IES O Barral

Completará así as actuacións en mobilidade e seguridade vial realizadas nos últimos meses pola concellaría de Mobilidade e Tráfico

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, anunciou que o Concello dotará de semáforo e paso de peóns a N-120 no IES O Barral neste ano 2020. O anuncio prodúcese logo de que o Ministerio de Fomento decidira autorizar esta actuación xunto co acondicionamento dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada e a iluminación nos accesos exteriores ao centro. O paso de peóns e semáforo era unha das principais demandas da comunidade educativa para paliar os graves problemas de seguridade vial que presenta o actual acceso ao instituto.

 

Con esta futura actuación completaranse os traballos de mellora da seguridade e mobilidade no entorno do IES realizados nos últimos meses pola concellaría de Mobilidade e Tráfico que consistiron na ordenación do espazo de aparcamento de dez autobuses, accesos peonís e circulación de vehículos, o acondicionamento da zona de aparcamento do persoal do IES, habilitándose 40 prazas, así como a creación dun percorrido en sentido único con máis de 20 prazas de aparcamento para entrada e saída de vehículos de pais e nais. Segundo Mera “estas medidas, unidas á presenza diaria da Policía Local, reduciron de forma considerábel a situación caótica e perigosa anterior, con coches estacionados no arcén da N-120, nenos e nenas cruzando a estrada sen control, etc.”.

 

Mera lembrou que “os problemas de mobilidade e seguridade no IES O Barral débense á falta de planificación dos gobernos do PP cando se construíu o instituto sen crear uns accesos axeitados e sen contar co PXOM onde se prevé o acceso definitivo por un novo vial. Por iso é fundamental que a Xunta aprobe dunha vez o Plan Urbanístico, para dar unha solución definitiva a este grave problema”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.